Falece un home de 35 anos tras sufrir un accidente de tractor na Cañiza
Publicado o 22/05/2019 21:14
Un home de 35 anos morreu esta tarde na Cañiza. O tractor que conducía caeu por un terraplén.
Os feitos ocorreron na parroquia de Valeixe arredor da unha da tarde. O home estaba queimando nunha leira cando caeu co tractor por un terraplén. Foi un veciño da zona o que chamou o 112 para alertar do sinistro. O 061 enviou de inmediato un helicóptero medicalizado, pero a pesar dos esforzos, os servizos de emerxencias non puideron facer nada por salvarlle a vida ao condutor do tractor.
A Garda Civil investiga agora cal puido ser a causa do accidente.