Falece un home cando rozaba no monte cunha máquina
Publicado o 24/10/2020 13:47

A Axencia Galega de Emerxencias informou do falecemento dun home, un veciño de Padrenda, que morreu cando estaba rozando no monte cunha máquina. Ao parecer, a máquina colleu un ferro que saíu disparado e alcanzouno. A pesar dos esforzos dos servizos sanitarios, nada puideron facer por salvarlle a vida.