CRTVG

Buscar

Falece un home atrapado baixo o tractor que manexaba na Gudiña

Publicado o 25/09/2021 18:17
Falece un home atrapado baixo o tractor que manexaba na Gudiña

Un home morreu ao sufrir un accidente co tractor que manexaba no concello ourensán da Gudiña. O suceso aconteceu pasadas as catro e media da tarde no lugar de San Lourenzo. 

Segundo informa a Axencia Galega de Emerxencias, o vehículo envorcou e quedou atrapado debaixo. Malia a intervención do persoal sanitario e do grupo de emerxencias local, non se puido facer nada por salvarlle a vida. A familia foi a que alertou do sinistro.