Investigan a morte dun home atropelado por un tren nunha zona restrinxida en Lugo
Publicado o 05/03/2019 19:35

Continúa aberta a investigación pola morte dun home, atropelado por un tren en Lugo. Á vítima, un home de 75 anos, natural de Chantada, alcanzouna un convoi na entrada de Lugo. A policía agora intenta determinar, entre outas cousas, que facía o falecido nesa parte da vía, xa que é zona restrinxida.
No covoi, que facía, na última madrugada, a ruta A Coruña-Madrid, ían só tres viaxeiros, que puideron continuar cara aos seus destinos tras restablecerse, unha hora despois do accidente, a circulación ferroviaria.