CRTVG

Buscar

Falece un home de 52 anos ao envorcar o seu tractor no concello da Estrada

Publicado o 02/06/2021 22:06
Falece un home de 52 anos ao envorcar o seu tractor no concello da Estrada

Un home de 52 anos faleceu esta tarde nun accidente de tractor no concello da Estrada. O sinistro produciuse no lugar de Goleta na parroquia de Arca. A vítima quedou atrapada baixo o vehículo agrícola cando este envorcou. Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Deza e Emerxencias da Estrada ademais dun helicóptero medicalizado do 061 dende Santiago, pero á súa chegada os sanitarios tan só puideron confirmar a morte do home.