CRTVG

Buscar

Falece un bañista na praia das Catedrais

Publicado o 28/08/2020 11:18

Na praia das Catedrais, en Ribadeo, faleceu un bañista cando estaba na beira do mar bañándose cos seus fillos.

O home, de 50 anos, encontrouse indisposto e caeu na area. Aínda que tratraron de reanimalo, non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Hai cinco días falecía tamen de morte súbita nun areal de Barreiros un veciño de Ourense de 40 anos.

Noticias web

28/08/2020