CRTVG

Buscar

Falece un ancián en Meis atrapado polo motocultor que manexaba

Publicado o 22/04/2021 19:51

Un señor maior faleceu esta tarde en Meis nun accidente cun vehículo agrícola. O home duns 80 anos quedou atrapado baixo un pequeno motocultor co que estaba traballando. Cando chegaron os servizos de urxencias só puideron certificar o falecemento.

O suceso rexistrouse sobre as 16.15 horas, nunha leira situada na parroquia de San Lourenzo de Nogueira. A vítima atopábase manexando un motocultor, cando quedou atrapada entre a máquina e unha póla.

Unha veciña escoitou a chamada de auxilio do home, logrou chegar ata el e separalo do seu motocultor, pero afirma que só logrou apagar a máquina. Nin ela nin outros catro veciños puideron separar o home do aparello. Tiveron que traer un tractor e arrastrar a póla co vehículo.

Varios particulares alertaron do ocorrido o 112 Galicia, que á súa vez solicitou a intervención do 061, Protección Civil e Garda Civil. A pesar dos esforzos do persoal sanitario, a persoa afectada faleceu no punto.

Nos últimos 10 anos perderon a vida en Galicia cada ano unhas 20 persoas en accidentes vencellados con aparellos agrícolas.




 

Noticias web

22/04/2021