Morre un mozo de 24 anos na Illa de Arousa tras bater co quad contra un escaparate
Contra as catro da mañá moitos veciños sentiron un vehículo circular a gran velocidade, seguido dun gran estrondo e berros. Moitos non saíron porque é unha zona en que adoita haber accidentes. Os que si o fixeron viron o corpo de Adrián case sen vida, malia os esforzos dos membros de Protección Civil de Cambados e do 061.
Ata o lugar achegáronse dúas ambulancias do 061, pero xa nada se puido facer pola vida deste mozo de 24 anos, veciño da Illa da Arousa e mariñeiro. Adrián pertence a unha familia moi coñecida e querida na vila que se dedica á comercialización de mexillón e ten unha empresa de cordelería. A Garda Civil investiga as causas do sinistro, inicialmente barállase un exceso de velocidade ou un fallo mecánico.
AXEGAInforma dun condutor de quad que faleceu ao sufrir unha saída de vía co seu vehículo e chocar contra un escaparate na Rúa Castelao, IlladeArousa. Pese aos esforzos dos sanitarios, nada se puido facer por salvarlle a vida. Interviñeron: @guardiacivil Tráfico e PCCambados. pic.twitter.com/HRDxWskdbD
— 112Galicia (@112Galicia) August 9, 2020