CRTVG

Buscar

Falece Paco Pestana, escultor, pintor e poeta

Publicado o 12/10/2021 15:41
Falece Paco Pestana, escultor, pintor e poeta

A cultura galega despide un dos creadores máis prolíficos e orixinais das últimas décadas. O escultor, pintor e poeta Paco Pestana falecía nas últimas horas en Lugo de xeito repentino. O artista de Castroverde, cunha longa traxectoria de exposicións dentro e fora de Galicia, tiña 72 anos.

Creador multidisciplinar, provocador e cun humor e unha estética moi particulares fora nomeado hai un mes fillo predilecto da súa vila natal.

Noticias web

12/10/2021