CRTVG

Buscar

Falece o xornalista cinematográfico Antonio Gasset

Publicado o 29/09/2021 21:55
Falece o xornalista cinematográfico Antonio Gasset

Faleceu Antonio Gasset, xornalista cinematográfico e mítico presentador do programa Días de cine. Foise aos 75 anos un dos grandes divulgadores do xénero. Axudounos a gozar do cine, pero tamén nos fixo sorrir co seu humor ácido e os seus cáusticos comentarios. Ademais de crítico foi guionista, actor e director.

Moi querido na profesión, as redes sociais enchéronse de mostras de pesar polo seu pasamento.

Noticias web

29/09/2021