CRTVG

Buscar

Falece o poeta Francisco Brines aos 89 anos

Publicado o 20/05/2021 22:47
Falece o poeta Francisco Brines aos 89 anos

EFE

O poeta valenciano Francisco Brines faleceu este xoves á idade de 89 anos despois de varios días ingresado no Hospital de Gandía, onde foi intervido de urxencia dunha hernia o pasado día 15 de maio. Fontes da contorna do artista apuntaron a EFE que a morte se produciu sobre as 21.50 horas por complicacións do seu estado de saúde.

Brines foi ingresado un día despois de que os reis lle entregasen o Premio Cervantes 2020 no seu fogar na propiedade familiar Elca, en Oliva (Valencia), o lugar que inspirou moitos dos seus poemas, ao non poderse celebrar a cerimonia o 23 de abril polo seu delicado estado de saúde.

Ademais de ser un dos poucos poetas sobreviventes da Xeración dos 50, Brines atesoura tamén o Premio Nacional de Literatura, o Raíña Sofía de Poesía Iberoamericana, o Internacional de Poesía Federico García Lorca e o Nacional da Crítica. 

Noticias web

20/05/2021