CRTVG

Buscar

Falece o poeta Caballero Bonald aos 94 anos

Publicado o 09/05/2021 13:06

O mundo da literatura en castelán despide un dos grandes: o poeta José Manuel Caballero Bonald, falecido hoxe con 94 anos.

O autor, natural de Xerez da Fronteira, deixa unha ampla obra poética vinculada á Xeración do 50, que significou un cambio de rumbo na lírica española tras a posguerra. Tamén foi un ensaísta prolífico e un novelista galardoado.

A traxectoria literaria de Caballero Bonald foi recoñecida co premio Cervantes en 2012.