CRTVG

Buscar

Falece o ministro de Transportes da Arxentina nun accidente de tráfico

Publicado o 24/04/2021 09:21

 

 

Falece o ministro de Transportes da Arxentina nun accidente de tráfico

O ministro de Transportes da Arxentina morreu nun accidente de tráfico esta noite. Mario Meoni de 56 anos conducía o seu automóbil e viaxaba só.

O accidente rexistrouse no quilómetro 112 da ruta 7 en sentido a Junín, á altura da cidade bonaerense de San Andrés de Giles, da que Meoni foi intendente de 2003 a 2015, e situada a uns 250 quilómetros de Bos Aires.

Ao parecer, Meoni perdeu o control do vehículo e envorcou sen que os servizos de emerxencia puidesen facer nada por salvarlle a vida. Era responsable de Transportes no Goberno de Alberto Fernández desde a chegada á presidencia do peronista en decembro de 2019.

O mandatario arxentino lamentou en Twiter a perda "dun colaborador leal, incansable e honesto". As mostras de pesar sucedéronse nas últimas horas entre a clase política arxentina. Cando sucedeu o accidente regresaba de Rosario dunha reunión do gabinete federal baixo a presidencia de Alberto Fernández.