Falece o dramaturgo coruñés Francisco Pillado aos 80 anos
Publicado o 12/08/2021 21:18

O dramaturgo e editor coruñés Francisco Pillado faleceu hoxe aos 80 anos. Foi promotor de varios grupos de teatro galegos e tamén estivo á fronte da Escola Dramática Galega. No seu labor editorial salientou como director literario de Edicións Laiovento e doutras revistas e coleccións. Tamén formou parte do Consello de Administración deste casa, da CRTVG.
A súa morte foi lamentada en redes sociais pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, da que era membro, así como a Mesa pola Normalización Lingüística e o literario e exdeputado Miguel Anxo Fernán Vello.