CRTVG

Buscar

Falece o director de cine Mario Camus aos 86 anos en Santander

Publicado o 18/09/2021 18:07
Falece o director de cine Mario Camus aos 86 anos en Santander

Este sábado deixounos o director de cine Mario Camus. Morreu aos 86 anos en Santander logo dunha dilatada carreira cinematográfica. Asinou máis dunha trintena de películas, obras que son auténticos clásicos da cinematografía española.

Entre ese catálogo de películas está A Colmea, coa que gañou o Oso de Ouro en Berlín en 1983. Tamén dirixiu Os Santos Inocentes, outro referente do cine español. Marcha un director e guionista con máis de seis décadas de traballo ás súas costas, unha carreira pola que recibiu o Goya de Honra hai 10 anos.

Noticias web

18/09/2021