CRTVG

Buscar

Falece o conserxe dun instituto de Oviedo esmagado polo ascensor

Publicado o 12/05/2021 08:07
Falece o conserxe dun instituto de Oviedo esmagado polo ascensor

O conserxe dun instituto de Oviedo morreu este martes esmagado polo ascensor do centro. O home trataba de recuperar unhas chaves que caeran polo oco da máquina cando o ascensor se puxo en funcionamento. O accidente aconteceu contra as nove da mañá, cando os alumnos e profesores estaban nas aulas. De seguido, o instituto foi desaloxado e suspendéronse as clases.

Noticias web

12/05/2021