CRTVG

Buscar

Falece unha muller nun accidente en Boiro, na autovía da Barbanza

Publicado o 17/07/2021 15:06

O choque entre dous vehículos na autovía da Barbanza (AG-11), en Cespón, á altura da saída cara ao polígono de Espiñeira, en Boiro, sentido Ribeira, sáldase coa morte dunha muller de 31 anos.

O vehículo en que viaxaba sufriu unha avaría e quedou parado en plena vía. Outro turismo investiuno por detrás 

Ata o lugar do sinistro desprazáronse os Bombeiros de Boiro que non puideron facer mais que excarcerar a vítima. Os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. Todo indica que se tratou da colisión de dous vehículos, dos que un estaba parado.

Tamén aterrou na zona un helicóptero medicalizado  polo que foi preciso interromper a circulación nun carril da autovía. O accidente causou retencións durante máis dunha hora.

Tamén interviñeron no accidente axentes da Policía Local, Protección Civil e de Tráfico da Garda Civil que realizan o atestado.