Falece o alcalde de Cangas, Xosé Manuel Pazos

O alcalde de Cangas do Morrazo, Xosé Manuel Pazos (ACE), faleceu hoxe no Hospital Álvaro Cunqueiro, a onde foi trasladado esta fin de semana por unha insuficiencia cardíaca como consecuencia da longa enfermidade de pulmón que padecía. Faría 64 años o próximo 19 de marzo.
Abandonou o cargo de maneira temporal en outubro de 2018 para ser operado de pulmón e regresou á alcaldía tras un mes de baixa médica.
Xosé Manuel Pazos chegou á alcaldía de Cangas en xuño de 2015, encabezando a candidatura de ACE, tras conseguir un acordo de goberno co BNG e ASpUN. Foi concelleiro de Cultura de Cangas en dúas etapas, entre 1995 e 1996, por Esquerda Galega e en 2007-2009 por Alternativa Canguesa de Esquerdas (ACE). Antes foi deputado autonómico por Esquerda Unida.