Falece nun accidente laboral nunha empresa do Porriño
Publicado o 28/07/2020 08:48
Un traballador faleceu nunha empresa do polígono industrial de Atios, ao recibir un forte golpe na cabeza ao caer dunha carretilla elevadora. Foi un compañeiro da vítima quen deu aviso ao 112. Tiña 48 anos e era veciños de Salceda de Caselas. É o cuarto accidente laboral mortal no que vai de ano no Porriño.