CRTVG

Buscar

Falece Nicolás Camino, a primeira voz da Radio Galega

Publicado o 11/09/2021 17:52

Adeus ao noso compañeiro Nicolás Camino, referente radiofónico en Galicia e figura senlleira da Radio Galega. Foi o primeiro que empregou un micrófono da emisora pública do país. Ao longo de moitos anos a súa voz fíxose inconfundible e gañou o agarimo da audiencia e o seu respecto con programas como "Concerto Popular" e "Así canta Galicia".

Nicolás Camino deixounos esta madrugada aos 79 anos. Hai agora 12 anos, en 2009, deixou os micrófonos da Radio Galega e xubilouse. A súa capela ardente está no tanatorio de Montouto en Teo, concello limítrofe con Santiago de Compostela.