Falece Manuel González Capón, alcalde de Baralla
Publicado o 01/07/2019 21:26
Falece, aos 67 anos, o alcalde popular de Baralla, Manuel González Capón.
Estivo á fronte do Concello 32 anos e foi reelixido, con maioría absoluta, nas últimas eleccións municipais. Chegou a tomar posesión do cargo, pero levaba tempo loitando contra unha grave doenza e o venres pasado presentara a súa renuncia a través dunha carta de despedida. Ata a capela ardente o presidente do Partido Popular de Galicia. Núñez Feijóo trasladoulle o pésame á familia.