Falece Javier Guerrero, un dos condenados principais polo caso dos ERE fraudulentos
Publicado o 11/10/2020 20:24
O exalto cargo da Xunta de Andalucía, Javier Guerrero, falecía no seu domicilio de Sevilla este domingo.
Fora director xeral de Traballo e Seguridade Social desde 1999 ata o 2008, nos gobernos socialistas de Manuel Chaves e de José Antonio Griñán, e un dos imputados principais no caso de corrupción dos ERE fraudulentos. Guerrero, de 63 anos, comezou de madrugada a sentir dor no peito e problemas respiratorios, e pouco despois faleceu. Javier Guerrero fora condenado en novembro de 2019 a sete anos, once meses e un día de cárcere e algo máis de 19 anos de inhabilitación por un delito continuado de prevaricación en concurso medial cun delito continuado de malversación.