Falece en Vigo Hermann Scheriber, " o alemán da harmónica", que nos conmoveu no confinamento
Publicado o 05/09/2021 20:54
No máis duro da pandemia, cando todos estabamos pechados nas casas, este home que están a ver sacounos un sorriso. É Hermann Schreiber, coñecido como o alemán da harmónica. Padecía alzhéimer e cada tarde saía á fiestra a tocar a harmónica pensando que os aplausos destinados aos sanitarios eran para el.
Soubemos este domingo do seu falecemento en Vigo aos 81 anos. A súa historia conmoveu a moitos e mesmo inspirou unha curtametraxe que leva o seu nome.