Falece aos 65 anos Xosé Luis Portela, antigo locutor da Radio Galega
Publicado o 28/03/2019 17:31

Xosé Luis Portela, locutor da Radio Galega xubilado, faleceu onte aos 65 anos. Xosé Luis destacou como reporteiro e presentador de programas, algúns deles de madrugada. Foi nesta quenda na que lle coincidiu dar conta en directo de feitos históricos como os tremores en Galicia do ano 97. Ao longo da súa traxectoria cubriu eventos especiais, como a guerra de Bosnia.