CRTVG

Buscar

Falece aos 58 anos o escritor e artista Lino Braxe

Publicado o 26/12/2020 21:56

Falece na Coruña aos 58 anos o escritor e artista polifacético Lino Braxe. Considerado un dos integrantes da Xeracion dos 80, Braxe tamén tivo un papel clave na creación dos premios María Casares ao contactar coa actriz para que cedese o seu nome aos galardóns.

Tras transcender a nova da súa morte, diferentes colectivos culturais transmitiron o seu pésame. A asociacion de actores e actrices de Galicia describía a Braxe como un artista total, cunha obra que percorreu a radio, a dramaturxia tradicional, a dobraxe, a narrativa e a poesía.

 

Noticias web

26/12/2020