Falece Alfonso Balseiro, alcalde do concello coruñés de Mañón dende hai 34 anos
Publicado o 06/02/2021 19:26
Faleceu Alfonso Balseiro, alcalde do concello coruñés de Mañón dende hai máis de 30 anos.
O rexedor popular gobernou o municipio con maioría absoluta 34 anos consecutivos, o que o converte na persoa con máis antigüidade neste cargo en todo o norte da provincia da Coruña. Foi tamén deputado provincial entre os anos 2007 e 2011.
Tiña 74 anos e había un tempo que estaba enfermo.
O seu pasamento causou conmoción en toda a comarca de Ortegal. Nas redes sociais numerosas mensaxes recordan a súa persoa e destacan a proximidade que mantivo cos veciños do municipio.
.