CRTVG

Buscar

A menor agredida sexualmente en Vilagarcía di que o mesmo home xa intentara raptala

Publicado o 26/04/2021 21:43

O Xulgado de Instrución número 2 de Vilagarcía de Arousa, en funcións de garda, decretou a posta en liberdade do home de 68 anos acusado de abusar sexualmente dunha menor. A titular do xulgado impúxolle a prohibición de comunicarse por calquera medio e de aproximarse a menos de cen metros da menor que supostamente foi vítima dos feitos.

O home, veciño de Vilagarcía de Arousa, está investigado por un delito de abuso sexual e outro de exhibicionismo. Os feitos investigados tiveron lugar a última hora da tarde do domingo. Segundo consta na denuncia, o home achegouse a unha das adolescentes, de 14 anos, agarrouna polo brazo e tirouse sobre ela, aproveitando para apalpala.

Tras un tirapuxa a moza conseguiu liberarse; nese momento, o home tentou agarrar a súa amiga, da mesma idade, aínda que non o logrou. O presunto agresor chegou a ensinarlles o pene á vez que profería sobre as mozas ameazas de índole sexual. Unha terceira adolescente, amiga das agredidas e testemuña das agresións, telefonou a Policía Local. 

Noticias web

26/04/2021