Faise viral o reto de recitar cancións de verbena
O actor Víctor Clavijo prendeu a mecha con gasolina.
E o escritor porriñés Diego Giráldez converteu a brincadeira nun dos nosos torreiros das festas, pero virtual.
O autor da colección de relatos 'Galería de saldos' e da novela 'Hotel para coleccionistas discretos', decantouse polo clásico de Pimpinela. O dúo arxentino é imprescindible nunha verbena galega porque teñen un repertorio cheo de exitazos.
Do outro lado do Atlántico sempre viñeron novidades moi bailables. Desde o merengue...
Ata chegar, claro, ao omnipresente 'reggaeton'.
Pero non hai verbena sen o 'Xirarei'.
O tema que Juan Pardo gravou en Londres con Xil Ríos, a piques estivo de ser o pasaporte do cantante de Moaña para Eurovisión. É unha das cancións galegas máis versionadas e a alma das festas.