CRTVG

Buscar

Cúmprese un ano da desaparición de dous mozos na ría de Noia ao envorcar o seu caiac

Publicado o 06/07/2021 12:31
Cúmprese un ano da desaparición de dous mozos na ría de Noia ao envorcar o seu caiac

Nunca apareceron os corpos dos dous mozos, Miguel e Xabier, que desapareceron en Noia ao envorcar o seu caiac. Hoxe, seis de xullo, cúmprese un ano da súa desaparición, logo dunha travesía desde a praia de Coira en Portosín ata a illa de Creba.

Os dous mozos, de 19 e 20 anos, ían acompañados por unha amiga de 18, que chegou ata as rochas, onde puido ser rescatada. A carencia de chalecos salvavidas, o forte vento e as mareas provocaron o accidente.

Malia a busca dos mozos durante dúas semanas, sempre se supuxo que ese mesmo día os corpos acabaron en mar aberto.

Noticias web

06/07/2021