Facua pide que Competencia investigue os atrasos e erros nas facturas da luz
Publicado o 24/09/2021 16:13
Facua asegura que hai millóns de afectados. Por un lado, un problema informático en Endesa provoca que dende hai case un ano se deixaran de emitir e cobrar facturas a moitos clientes. Por outra banda, o cambio das tarifas no pasado mes de xuño fixo que as distribuidoras non faciliten os datos de facturación ou o fagan con erros. E todo isto fai que moitos clientes leven meses sen recibir facturas ou recibíronas con cantidades irregulares.
Facua pide á Comisión Nacional dos Mercados e a Competecia que investigue se as compañías están a actuar de forma neglixente.