CRTVG

Buscar

Facu Ferreyra: "Saín do Benfica e volvín atoparme conmigo. Quero volver ter o nivel que tiven"

Publicado o 02/02/2021 13:37

O Celta fai con Facundo Ferreyra unha aposta por un xogador que necesita reivindicarse. Porque é un dianteiro que sabe o que é marcar goles, e con ese reclamo presentábao onte o club, pero os números que lle facían ser unha garantía para portería quedan agora demasiado afastados no tempo.

Nos seus dous últimos equipos, o Benfica desde xullo e o Español a tempada e media anterior, non foi nin de lonxe o xogador determinante que si se viu no Shakhtar. Agora, necesita recuperar a confianza da man de Coudet.

O novo dianteiro afirma: "Saín do Benfica e volvín atoparme conmigo. Quero volver ter o nivel que tiven".


 

Noticias web

02/02/2021