CRTVG

Buscar

Facer canto antes manobras de reanimación salva vidas

Publicado o 18/06/2019 14:09

É o segundo neno que morre nunha piscina en Galicia no que vai de xuño, despois de que a semana pasada falecese un meniño de 18 meses en Salcedea de Caselas, Pontevedra. Desde o servizo telefónico de emerxencias lembran o que o primeiro que hai que facer cando se atopa alguén na auga é sacalo e chamar o 061.

"Seguir as instrucións claras que lle imos a dar desde o 061. Preguntámoslles se respira ou non respira. Se respira, dicímoslle que o deixe tombadiño de lado, vixiando en todo momento que non deixe de respirar", di María José Gil, médico coordinadora-xefe de sala do 061 de Galicia

Se non respira, o médico vai explicar como actuar segundo a situación e como facer as manobras de reanimación.

"O máis importante, se non respira, e iniciar canto antes as manobras. Ás veces cofúndese se respira como boqueando ou a golpes, hai que comezar igual as manobras de reanimacion. Ata que chegan os servizos de urxencia e fan as manobras avanzadas. Sálvanse vidas. Aínda que a xente non o crea, sálvanse vidas", asegura Gil.

O 061 lembra que a ambulancia medicalizada se envía ao lugar do suceso en canto reciben a chamada, polo que non hai perda de tempo durante a atención telefónica.

Noticias web

18/06/2019