Facenda reabre a atención presencial, pero non para a renda
A fase dúas permite que lugares como Galicia recuperen desde hoxe a atención presencial, aínda que con cita previa.
De momento, só se pode acudir a elas para realizar trámites esenciais, pero non a declaración da renda.
A declaración presencial da renda segue suspendida e pendente de como evolucione a pandemia.
De momento, so é posible facela en liña ou por vía telefónica.
A fase dúas da desescalada, en que está Galicia, si permite desde hoxe facer de xeito presencial outro tipo de trámites considerados esenciais, pero sen desatender as obrigas que impón o estado de alarma.
A atención presencial irase recuperando de xeito progresivo, e desde a Axencia Tributaria lembran que a finalidade é dar un bo servizo, garantindo a seguridade dos traballadores de Facenda e dos contribuíntes.