CRTVG

Buscar

Facenda poxará propiedades de Sito Miñanco valoradas en 10 millóns de euros

Publicado o 30/01/2019 22:21

E seguimos falando de narcotráfico porque quen queda tocado tamén é Sito Miñanco. Facenda vai sacar a poxa as propiedades do clan, valoradas en dez millóns de euros. É un golpe para toda a familia. A clausura da inmobiliaria San Saturnino é un golpe. De aí saíron, supostamente, os cartos para a compra de casas, leiras e tamén para o estaleiro O Facho, en que supostamente se construían as lanzadeiras da coca.

Noticias web

30/01/2019