CRTVG

Buscar

Facenda estuda devolver o IVE de 2017 a todas as comunidades autónomas

Publicado o 30/04/2021 15:34

A ministra de Facenda asegurou hoxe que van estudar en profundidade a sentenza do Tribunal Supremo que obriga o Goberno central a devolverlle á Xunta de Castela e León a liquidación do IVE de 2017 e que "o que se aplique para un subsector, para unha comunidade autónoma, farase para a totalidade". 

María Jesús Montero facía estas declaracións na rolda de prensa en que anunciou unha revisión á alza da previsión de déficit público para este ano. Sóbea ata o 8,4 % do produto interior bruto. Son sete décimas máis do que se recollía nos presupostos xerais. España vai pedirlle a Bruxelas que manteña suspendidas as regras de gasto durante o próximo ano.