CRTVG

Buscar

Facenda busca a fórmula para pagarlles ás comunidades antes de que remate o ano

Publicado o 30/08/2019 15:49

A ministra portavoz en funcións, Isabel Celaá, sinalou que a titular de Facenda "continúa buscando fórmulas que dentro da legalidade permita facer anticipos" ás comunidades autónomas. Así o declarou nunha conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros.

Onte, o ministro de Fomento en funcións, José Luis Ábalos xa apuntou nesta dirección. En concreto, dixo que o Goberno "buscará algunha fórmula" para facilitar o financiamento ás comunidades autónomas, despois de que a Avogacía do Estado dixera que un Executivo en funcións non pode transferir anticipos a conta ás comunidades polos impostos recadados que lles corresponde.

Noticias web

30/08/2019