CRTVG

Buscar

Facebook manterá suspendidas durante dous anos as contas de Trump nas súas redes sociais

Publicado o 04/06/2021 18:56
Facebook manterá suspendidas durante dous anos as contas de Trump nas súas redes sociais

Facebook anunciou este venres que veta por dous anos ao expresidente dos Estados Unidos Donald Trump (2017-2021), despois de que o seu consello asesor pedira o mes pasado á empresa que revisase a prohibición indefinida contra o exmandatario. A compañía anunciou nun comunicado que suspende as contas do Trump por dous anos contando desde o 7 de xaneiro. As contas de Trump en Facebook e Instagram (propiedade da compañía) permanecen pechadas desde o asalto ao Capitolio do pasado 6 de xaneiro por parte de miles de simpatizantes do expresidente, algúns deles armados, e que rematou con cinco mortos.

Noticias web

04/06/2021