CRTVG

Buscar

Profesores dun instituto de Lugo fabrican 300 pantallas de protección ao día

Publicado o 02/04/2020 14:25

No Centro Integral de Formación Profesional As Mercedes, en Lugo, suspendéronse as clases, pero non a actividade. Un grupo de docentes decidiu, de maneira altruísta, poñerse mans á obra e improvisar unha cadea de montaxe para fabricar pantallas protectoras de lámina de acetato de maneira rápida e económica.

Os profesores traballan en dúas quendas diarias de catro horas na fabricación das pantallas, a un ritmo superior ás 300 unidades diarias. Fóronas entregando tanto aos centros de saúde como ás residencias de maiores.

Feitas con acetato de encadernación, parafusos e gomas, as pantallas son lavables e reciclables.

Noticias web

02/04/2020