CRTVG

Buscar

Fabiola García valora o incremento de 45 millóns nas achegas do Goberno á dependencia, pero demanda maior cofinanciamento

Publicado o 15/01/2021 14:30

A conselleira de Política Social valora positivamente o incremento das achegas do Goberno central á dependencia en 45 millóns de euros máis. Con todo, Fabiola García demanda maior financiamento para chegar ao 50 por cento que establece a Lei.

"Nestes momentos en Galicia invístense nas persoas dependentes un total de 400 millóns de euros ao ano, dos que máis de tres cuartas partes, o 76 %, veñen das arcas autonómicas", lembra García.

A conselleira participou esta mañá no Consello Interterritorial de Servizos Sociais. Ao remate, García dixo que as achegas do Goberno "están moi lonxe de chegar a esa cofinanciamento do 50/50, por iso con estes fondos e cos que pon a comunidade autónoma cada ano seguiremos atendendo as persoas dependentes e con discapacidade".

Noticias web

15/01/2021