CRTVG

Buscar

Fabiola García agarda que a Lei de impulso demográfico sexa feita entre todos

Publicado o 08/07/2019 15:39
Fabiola García agarda que a Lei de impulso demográfico sexa feita entre todos

O Observatorio Galego de Dinamización Demográfica debate as medidas para frear a perda de poboación, nunha reunión na que participou a conselleira de Política Social. Destacou que este foro, formado por expertos, universidades, partidos políticos e sindicatos, é o máis axeitado para enriquecer o anteproxecto da lei de impulso demográfico.

O prazo de presentación de alegacións ao texto está aberto ata o próximo 24 de xullo. A conselleira agarda o máximo consenso para que a norma saia adiante. "É unha lei que ten vocación de consenso e de permanencia no tempo. Eu espero e desexo que este sexa o camiño que imos seguir. Seguir dialogando os distintos grupos, os sindicatos, os representantes políticos e as institucións para chegar a un acordo dunha lei que sexa para todos os galegos feita por todos", dixo Fabiola García, Conselleira de Política Social.
 

Noticias web

08/07/2019