CRTVG

Buscar

Extreman as precaucións contra a covid-19 en Poio

Publicado o 23/01/2021 15:09

No municipio pontevedrés de Poio hai hoxe 306 casos de covid, 15 máis ca onte segundo informan desde o Concello. A administración local segue pedindo á veciñanza que se autoconfine, conscientes de que están a un paso de entrar a vindeira semana no grupo das localidades con restricións de nivel máximo coas medidas excepcionais coas que están xa en Xinzo Arteixo e Viveiro. A asociación de empresarios da localidade anima os seus asociados a adiantar o peche dos negocios ás sete da tarde. É o que xa fai na súa clínica veterinaria Guillermo
Tamén Arsenio Pedre está disposto a renunciar a algunha venda para mellorar a situación epidemiolóxica da vila.
A preocupación nótase tamén nas rúas onde calquera pequeno xesto conta.
A xerencia da área sanitaria de Pontevedra xa anunciou novos cribados en Poio para a vindeira semana.

Noticias web

23/01/2021