CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio forestal en Chandrexa de Queixa tras calcinar 40 hectáreas

Publicado o 24/03/2021 19:04
Extinguido o incendio forestal en Chandrexa de Queixa tras calcinar 40 hectáreas

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido o incendio forestal que afectou este mércores ao municipio ourensán de Chandrexa de Queixa. En concreto, o lume iniciouse sobre as 12,11 horas deste mediodía na parroquia de Requeixo, e deuse por extinguido ao redor das 20,50 horas.

Segundo as últimas estimacións, calcinou unha superficie de ao redor de 40 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción, mobilizáronse tres axentes, oito brigadas e catro helicópteros.