Extinguido o incendio forestal de Carballeda de Valdeorras onde arderon 197 hectáreas
Publicado o 19/07/2021 21:12

O incendio forestal de Carballeda de Valdeorras está extinguido. Segundo a Conselleira do Medio Rural, arderon 197 hectáreas, a maioría de monte raso. O lume orixinouse o sábado pola tarde na parroquia de Sobradelo. Nas tarefas de extinción participaron un técnico, 25 axentes, 45 brigadas, 21 motobombas, dúas pas, oito avións e nove helicópteros. E tamén está extinguido un incendio no concello de Rubiá que afectou algo menos dunha hectárea pertencente ao parque natural da serra da Enciña da Lastra.