Extinguido o incendio declarado onte en Rois
Publicado o 01/09/2021 21:05

O incendio forestal declarado onte no concello coruñés de Rois xa está extinguido. Segundo as últimas medicións con XPS publicadas pola Consellería do Medio Rural, a superficie afectada é de 15 hectáreas, 14 arboradas e unha rasa.
No seu control participaron 3 técnicos, 4 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 2 pas, 4 avións e 5 helicópteros.