CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio de Salvaterra de Miño que queimou 352 hectáreas

Publicado o 15/06/2021 10:21
Extinguido o incendio de Salvaterra de Miño que queimou 352 hectáreas

O incendio forestal que se declarou en Salvaterra de Miño a pasada fin de semana quedou extinguido ás 22:22 horas deste luns despois de que queimase, segundo estimacións provisionais da Consellería do Medio Rural, un total de 352 hectáreas.

Nun comunicado, o departamento autonómico lembra que o lume se iniciou no lugar de Uma ás 21:51 do sábado e precisa que do total devastado, 282 hectáreas corresponden a superficie arborizada e o resto é superficie rasa.

Para o seu control mobilizáronse dous técnicos, dezaseis axentes, sesenta brigadas, trinta e sete motobombas, dúas pas e outros tantos helicópteros.

Noticias web

15/06/2021