CRTVG

Buscar

Extinguido o incendio de Porto do Son tras calcinar 40 hectáreas

Publicado o 23/07/2020 21:12


Está extinguido xa o incendio que se orixinou en Porto do Son o pasado martes. O lume comezou na parroquia de Nebra e ata este mediodía a consellería non o deu por sufocado. O balance fala de case 41 hectáreas de monte calcinado. Por un momento declarouse o nivel dous dada a proximidade ás vivendas, pero axiña se desactivou xa que finalmente non houbo perigo. Numerosos medios terrestres e aéreos participaron nos labores de extinción.
 

Noticias web

23/07/2020

Máis sobre Porto do Son