Expulsan dun campamento de verán unha nena discapacitada polas queixas doutras familias
Inés ten 11 anos e unha discapacidade do 33% da que seus pais informaron ao campamento antes de matriculala no curso de inmersión de inglés deste verán.
Conta súa nai que Inés chegou o venres ao campamento pero apenas estivo un dia. Esa mesma noite avisaronos de que recibiron queixas das familias das duas nenas que compartían habitación con Inés, que a tiñan que cambiar de cuarto e que ía durmir cunha monitora ao que Inés se negou.
O sábado a mediodia, os responsables do campamento comunícanlle que Inés non pode continuar alí A empresa, a través dun comunicado, recoñece que lles advertiron da discapacidade pero alegan que unha vez iniciadas as actividades decatáronse de que a pequena precisaba dunha atención especial. Ofrecéronlles aos pais unha monitora en exclusiva para facilitar a integración, que eles rexeitaron. Cren que Inés foi discriminada e estudan denunciar a empresa, deixando antes unha mensaxe para as nais das súas compañeiras de cuarto. "Pídolles un pouco de empatía coas persoas que son diferentes e que pensen cómo se sentirían se lle fixeran o mesmo as suas fillas".