Expulsan do test do carné de conducir un home por levar un auricular e un móbil ocultos
Publicado o 03/02/2021 15:02
Un home que se examinaba da proba teórica do carné de conducir en Pontevedra foi expulsado.
Os examinadores detectaron que levaba un teléfono móbil agochado entre a roupa, coa cámara aberta e un auricular diminuto. Ten 44 anos e é de orixe paquistaní, con domicilio en Tarragona. Nesa cidade catalá xa intentou facer o mesmo, tamén sen éxito, en novembro.