O Colexio de Médicos da Coruña dá de baixa o psiquitra de Santiago condenado por abusos sexuais
Publicado o 06/05/2021 13:08

O psiquiatra Emilio González foi expulsado provisionalmente do Colexio Oficial de Médicos da Coruña. A xunta directiva aprobou esta medida excepcional despois de que González fora condenado polo Xulgado do Penal de Santiago por un delito de abusos sexuais continuados a unha paciente. O propio acusado admitiu os feitos, e o Colexio de Médicos non descarta a súa expulsión definitiva.