Expoñen unha obra sobre o Camiño en ano de pandemia
Publicado o 12/11/2020 14:41
O traballo audiovisual realizado por dous rapaces no Camiño de Santiago neste ano de pandemia exponse nas torres Hejduk, a carón da Cidade da Cultura, desde hoxe.
É a obra gañadora da décima edición do encontro de Artistas Novos convocado pola Administración galega. Os autores, un rapaz colombiano e outro de orixe romanesa, poxectaron un traballo fotográfico e sonoro sobre a peregrinación a Compostela antes de que o coronavirus confinara España.
Tiveron que esperar a que reabrisen as rutas para saír buscar camiñantes, e o que atoparon non foi o previsto, pero si máis especial.